CONFINAXOGO

Imos a poñer a nosa creatividade e habilidades manuais en acción, crearemos o noso propio xogo de mesa, deseñaremos as casiñas personalizadas e probas ,que se levarán a cabo en cada unha delas, traballaremos e xogaremos en familia, facendo un pouco máis ameno o noso confinamento.
 
Materiais:
Folios ou cartolinas
Cores
Dados ( no caso de non ter, tamén podemos facelos)
Tapóns, chapas...
Materias segundo as probas que propoñamos para cada caixa
 
Comezamos…
Pensamos cal será o número de casiñas que terá o noso taboleiro. A hora de deseñalas podemos personalizalas con debuxos , imaxes de creación propia (cárcere, morte...)ou limitarnos a numeralas.
Unha vez teñamos todas as caixas feitas, unirémolas todas ,no seu orde sobre unha cartolina grande, cartón...e xa teremos listo o taboleiro.
Imos cas probas, que se corresponden con cada caixa. Podemos dividilas en categorías (mímica,debuxo, musicais, preguntas…).Faremos tarxetas nas que diferenciaremos con que caixa se corresponden, ou ben co número ou debuxo da mesma segundo o deseño do noso taboleiro.
 
Posibles probas:
Cantar unha canción con unha madalena na boca
Contar un chiste ca nariz tapada
Facer un debuxo cos ollos tapados
Modelar un animal con plastilina
Representar mediante mímica un oficio
...
Cada un deberá decorar e personalizar a súa propia ficha (tapón, chapa..)para poder diferencialas, con adhesivos, cores ou materiais dos que dispoñamos.

Xa podemos comezar a xogar, os participantes terán que lanzar o dado na súa quenda, e mover a súa ficha a caixa que lle corresponda, tendo que realizar a proba asignada a mesma, no caso de non levala a cabo con éxito pensarase algún tipo de sanción( retroceder x caixas...).

O xogador que primeiro complete o taboleiro será o gañador.

Aquí vos deixo o meu taboleiro, para que vexades unha posibilidade de formato. ¡Agora é a vosa quenda!



¡Xoguemos!