CONFINADOS PERO NON ILLADOS 2

Profundando no uso de jitsi meet

Nun post falaba dalgunhas das posibilidades que nos ofrecen as TIC para comunicarnos co mundo desde a nosa casa. Hoxe vou centrarme máis en profundidade no uso dunha delas, Jitsi meet. Unha aplicación para videochamadas e mensaxería a través da cal vos exporei actividades e algunha opción para a cooperación cidadá.



En canto a como usalo atopei un artigo en Xataka sumamente claro:
Jitsi Meet: que é, que ofrece e como usar este servizo de código aberto para os teus vídeo chamadas masivas”.
Do que, salvo que teñades un coñecemento de informática máis avanzado que o nivel usuario, recoméndovos a primeira (Que é...?) e a terceira parte (Como utilizar Jitsi Meet?).
Á marxe da completísima información que ides atopar neste artigo só podo facer unha advertencia, que como navegador debedes usar Google Chrome (non ten porque ser o predeterminado) para obter unha boa experiencia, e unha suxestión, que usedes contrasinal para evitar intrusos casuais.

Que podemos facer con Jitsi Meet?
Agora que como vedes é ben sinxelo de usar permitídeme que vos de algunhas ideas de como usalo.
Vou contar un secreto, este sábado a miña parella e eu ceamos cuns amigos. Si, si, así como oídelo, e sen ningún tipo de remorso. Certo é tamén que ninguén saíu da súa casa, soamente concretamos hora, creamos unha sala en Jitsi, cada un preparou a súa cea e á hora acordada todos conectámonos e pasamos unha agradable noite que finalizou cuns aniversarios felices e todo.
Os que tivésedes unha adolescencia friki e/ou gústevos Stranger Things quizais vos guste esta idea (e aos que non…, sempre estades a tempo de cambiar de opinión). Uns amigos están a xogar unha partida de rol por videoconferencia. Outra excelente maneira de pasar unha ou varias tardes entretidas.



Outra idea que quizá vos poida gustar é a posibilidade de compartir en streaming calquera cousa que vos apeteza, gravala e subila a Youtube. Desde como estades a levar o confinamento a algo que saibades facer e poida ser útil para outros ou simplemente compartir unhas palabras de animo que nestes momentos non nos veñen nada mal. Mesmo si o desexas podes enviarnos o gravado a centrocompostela3@gmail.com e buscaremos a maneira de distribuílo nas nosas redes.