CONFINADOS PERO NON ILLADOS 1

Estes días de confinamento están a poñer a proba a nosa capacidade para adaptarnos a novas situacións. O espazo físico agora convértese nos límites das nosas casas salvo neses escasos momentos nos que podemos e debemos saír. O illamento social preventivo e obrigatorio deixounos nesta situación na que para axudar aos nosos veciños e veciñas debemos evitar o contacto. O agarimo agora, por paradoxal que resulte, móstrase coa distancia. Con todo hai outras formas de buscar a proximidade.
Debido ao noso confinamento, o mundo virtual converteuse no noso mundo real. Nel traballamos, nel compramos, nel relacionámonos cos nosos seres queridos, a falta de apertas polo menos podemos falar e sorirnos a través dunha pantalla. Non é o mesmo, desde logo, pero é o que temos e…. MENOS MAL QUE O TEMOS!!! Así que, ao choio, é hora de poñernos ao día e sacarlle partido ás TIC. Permitídeme suxerirvos algunhas aplicacións que vos poden ser de utilidade:

1. Jitsi

Jitsi é un programa open source de balde, non necesita rexistros para comezar e ten interesantes funcións para mellorar a súa seguridade.
Como funciona Jisti
Abre o seu sitio de inicio de videoconferencias e ponlle nome á túa sala de conversación. Unha vez que aceptes o uso da cámara e o micrófono, agrega os correos de contacto dos participantes. Entrarán á xanela indicada con só facer clic na ligazón correspondente.
Tamén podes ingresar desde a súa aplicación para a túa smartphone Android ou iPhone.
Vantaxes de Jitsi:
• Dáche a opción de compartir o teu calendario.
• Conta coa vista de pantalla simultánea para que despregues as túas presentacións.
• Dispón dun chat lateral co que poderás intercambiar mensaxes axiña.
• Permite gravar.
• Os participantes poden pedir a palabra para levar unha conversación ordenada.
Desvantaxes de Jitsi:
• A súa interface é menos atractiva que outras, un prezo razoable se temos en conta a súa sinxeleza.

2. Google Hangouts

Se tes unha conta en Gmail, usar Google Hangouts é moi fácil. Podes utilizalo en Google Chrome, Firefox e Safari desde o sitio web ou por medio da súa aplicación, xa sexa para iOS ou Android.
Como funciona Google Hangouts:
Comeza por dar en «Aceptar» cando che pida o acceso á cámara e ao micrófono. Despois, dentro da túa lista de contactos, deberás dar na icona de quen desexas agregar.
Unha vez que comece a túa videoconferencia, podes facer clic na opción «Engadir persoas», se desexas unha conversación multiple.
Vantaxes de Hangouts:
• Se dispoñemos dunha conta de Gmail dispoñemos de Hangouts .
• Dáche a opción de «Compartir pantalla» co que facilitarás a túa exposición.
Desvantaxes de Hangouts:
• Obrigatoriamente necesitas unha conta de Google para acceder a Hangouts.
• Só podes acceder desde o navegador.

3. Zoom Meeting

Zoom Meeting é unha das opcións máis coñecidas ultimamente e funciona de maneira bastante intuitiva.
Como funciona Zoom Meetin :
Dáche a opción dunha proba gratuíta ao iniciar o teu rexistro, tras o cal terás dispoñible a opción para programar a videoconferencia, agrega o tema da reunión e obterás unha URL para compartir. No botón «Convidar a outros» podes engadir máis participantes.
Vantaxes de Zoom Meeting:
• É intuitivo e fácil de manexar.
• Permite compartir pantalla.
Desvantaxes de Zoom Meeting:
• Para sacarlle todo o seu potencial tendras que pagar.
A parte destas tres ferramentas dispós doutras opcións sinxelas para facer videochamadas:
WhatsApp e tamén Instagram e Facebook Messenger no seu apartado de mensaxería. So tes que seleccionar o contacto co que queres comunicarche e pulsas sobre a icona da cámara para realizar a videochamada. Iso si, a súa seguridade é cuestionable.

Por último Skype, a primeira de todas, déixoa para o final e é que despois das revelacións de Edward Snowden (Trump, óesme?) Sincéramente hai alguén que queira todavía usala? En fin, alá tí.