Cazadores de soños

Os cazadores de soños son instrumentos de poder da medicina xamánica, cuxo orixe se remonta ás tribos indias americanas. O seu aro, fabricado tradicionalmente de madeira de salgueiro, representa a roda da vida, a malla ou a rede son os soños, anhelos e ilusións que tecemos no Tempo dos soños, na alma e no movemento que xeramos coas nosas actividades cotiás. No centro da rede está baleiro, o espírito creador, o “Gran Misterio”.
Segundo a tradición, os cazadores de soños axudan a manter con nós as boas ideas e os soños agradables, así como protexer a quen o posúe. O Tempo dos soños é influenciado polas boas e polas más enerxías; estas últimas son atrapadas pola malla e disípanse polo burato central cos primeiros raios do sol.

Na lingua dos “ojibwa” de quen é propio este amuleto, chamase “asabikeshiinh” que significa araña, aínda que tamén se lle coñece polo nome de “bawaajige nagwaagan ou incluso cepo dos soños.

Aínda que para todos este obxecto é coñecido, non todos coñecemos a súa lenda. Vamos a investigar…

Conta a lenda que había unha muller araña chamada Asibikaashi que coidaba á xente da terra. A muller araña, velaba por todas as criaturas do noso mundo, inclinándose sobre os berces e as camas dos nenos mentres tecía una fina, delicada e forte tea de araña que era capaz de atrapar todo o mal entre os seus fíos e facelo desaparecer á alba.

Cando o seu pobo se dispersou por América do Norte, resultáballe moi complexo coidar de todos os nenos, polo que as súas nais e avoas tiveron que tecer redes con propiedades máxicas que atrapan os malos soños e os pesadelos, protexendo así os seus nenos.

Tradicionalmente, os Ojibwa construían os cazadores de soños atando liñas de salgueiro o redor dunha argola circular duns 9 cm e con forma de bágoa, resultando unha rede similar a unha teleraña, feita a súa vez de fibra de ortiga tintada de cor vermella.

O que hoxe propoño é que fagades o voso propio cazador de soños. Na rede hai varias páxinas que ensinan paso a paso como facelo, así que con un pouco de axuda e a orixinalidade que vós lle aportedes, xa veredes que bonito queda no voso fogar.

Déixovos algunhas imaxes de algúns elaborados en Centros Socioculturais. Espero que vos gusten!!

Este modelo sería o máis sinxelo e por iso sería ideal comezar con este para posteriormente ir avanzando.



Estes serían os materias:
● Tesoiras
● Aro
● Corda pita
● Plumas
● Cordón de coiro para forrar o aro
● Pegamento
● Abelorios

Pasos para a súa elaboración:
Aplicamos pegamento en todo o aro.
Collemos a tira de coiro ou o cordón e vamos forrando o aro dándolle voltas para que quede todo cuberto.
Unha vez que teñamos o aro forrado, collemos a corda pita.
Facemos un nó na parte superior do aro. Tensamos o fío, e pasámolo por encima do aro e despois entre o cordón de fío e o aro. Deixamos unha distancia de 3 a 5 cm, este paso repetímolo tantas veces sexa preciso ata chegar ao nó inicial.
Agora tócanos tecer a segunda volta. A forma de proceder é a mesma. Empezamos a partires do nó inicial, onde empezou a primeira volta.
Tecemos da mesma maneira, pero en lugar de pasar o fío por encima do aro, agora temos que pasalo polo medio da volta anterior.
O resto das voltas, van ser iguais, pasando sempre o fío pola cadea da volta anterior.
Cando cheguemos ao centro e xa non poidamos tecer máis, e cando podemos meter un abelorio, facemos un nó e cortamos o fío restante.( deste xeito o nó queda camuflado dentro do abelorio)
Xa terminamos o cazador de soños, pero…. agora temos que decoralo e facer a parte que se encarga de atraer hacia nós os pensamentos positivos e os soños agradables.
Para este paso, precisamos as plumas e os abelorios.
Cortaremos as cintas do tamaño que a nós nos guste
Atarémolas ao aro. Dobraremos a cinta a metade para facer pasar os dous extremos a través do lazo dobrado.
Neste momento é onde a nosa imaxinación e o noso gusto persoal entra en xogo, podemos adornalo con distintos abelorios, poñerlle adornos como flores, plumas…
O último paso e coller un trozo de fío. Dobralo pola metade e facer un nó nos extremos para despois pasalo polo aro e así conseguir o lazo preciso para poder colgalo na parede.

Que vós parece o resultado??? Lindo verdade. Pois unha vez que conseguiches facer este modelo que é o máis sinxelo podemos dar un paso máis, e buscar un cazador de soños máis elaborado, é dicir a crochet.

Aproveito para ensinarvos uns cazadores de soños que tamén se realizaron en Centros, concretamente en Sar e na Rocha.


Elas son unhas auténticas artistas, pero se aínda non dominas moito o crochet, deixoche un enlace que che pode servir de axuda.

ATA A SEGUINTE!!

Photo by Ella Jardim on Unsplash
Lenda extraída de Lamenteesmaravillosa