CABALIÑO DE CARTÓN
CABALIÑO INDIO DE CARTÓN

Trátase dun cabaliño indio feito con cartón e cousas que teñades pola casa. Votádelle imaxinación e poñédelle cariño, de seguro que vos quedará moi chulo!
O que precisamos para facelo adoitamos telo pola casa e se non sempre hai materiais que se poden sustituir por outros para darlle o aspecto desexado.
Os materias que precisamos para facelo son:
Cartón
Tesoiras
Cola branca ou outro pegamento para papel
Un lazo ou dous diferentes si os temos.
Abelorio
Follas de cores
Plumas
Un pau
Os materiais son orientativos, xa que se non temos por exemplo as plumas, podemos pintalas e recortalas
Tesoiras
Cola branca ou outro pegamento para papel
Un lazo ou dous diferentes si os temos.
Abelorio
Follas de cores
Plumas
Un pau
Os materiais son orientativos, xa que se non temos por exemplo as plumas, podemos pintalas e recortalas
Imos aló?
O primeiro que temos que facer é debuxar a cabeza e pescozo dun cabalo nun cartón e recortalo. Despois calcamos esa forma que temos noutro anaco de cartón e tamén o recortamos. Temos que ter coidado xa que se o cartón está pintado por algún lado procuraremos que , eses lados pintados nos queden por dentro cando os peguemos, e os que están sen pintar, nos queden como na imaxe que vos mostro a continuación.
Despois disto , e antes de unir ambos cartóns polas beiras podedes metelle das orellas hacia o pescozo lá, cartolina, goma eva, trozos de papeis, o que teñades… Esto é para imitar a crina do pescozo do cabalo. É importante non pegar no interior, só polas beiras, e non pola parte de abaixo do pescozo, xa que entre os dous cartóns pola parte de abaixo é por onde ten que quedar espazo para meter o pau.

Nesta imaxe que vemos a continuación, púxenlle a crina negra con forma de pico con cartolina, antes de unir ambos cartóns ca cola branca. Despois , unhas pinzas para xuntar ben e que non se descolen os cartóns que teñen que quedar ben pegados polas beiras.

Despois facemos 4 circulos de cartolina negra, 2 para os ollos e 2 para os buracos do nariz (máis pequenos) e pegámolos a cada lado. Podemos facerlle unhas trenzas ca lá, metemos un abalorio e facemos un nó para que non escape e de paso que non se desfaga a trenza. Podes facerlle as trenzas que queiras ou ben poñerlle lá a modo de crina. Esto xa como máis che guste. Si fas esto último, recomendaríache poñer o pelo antes de pegar os cartóns.

Pegamos unhas plumas ou algo similar, (se tes pistola de silicona pegará máis rápido). Poñemos un lazo colorido ou cinta de cor, como fixen na imaxe de abaixo.

Dobramos o lazo en dous e poñemos xusto na metade por riba do fociño, facemos un nó por debaixo do fociño e voltamos a atalo detrás do pescozo. Que quede sobrante o lazo a ser posible.

Como podedes ver, a crina é diferente por un lado que polo outro. Así segundo a cara que mires parecerá un cabalo ou outro. Cada un que o faga como mellor lle pareza. A imaxinación ao poder!
Agora cortamos dous trozos de papel de diferentes cores e da mesma medida e os pegamos xuntos baixo o ollo do cabalo cara o pescozo. Aproximadamente como na imaxe ou como vos guste a vós.
Por último metemos o pau con coidado pola parte de abaixo entre os dous cartóns e xa temos listo o noso cabaliño indio!
Agora cortamos dous trozos de papel de diferentes cores e da mesma medida e os pegamos xuntos baixo o ollo do cabalo cara o pescozo. Aproximadamente como na imaxe ou como vos guste a vós.
Por último metemos o pau con coidado pola parte de abaixo entre os dous cartóns e xa temos listo o noso cabaliño indio!