Bolicos

A Cociña de Doña Emilia

Ola amigos e amigas!!!
Que vos parece se preparamos algunha das receitas que atopamos nos libros de literatura?. Sempre é unha boa opción comezar pola nosa terra que tan rica é en cultura gastronómica. Nas obras de Emilia Pardo Bazán abundan as referencias culinarias, como en La Tribuna ou Los Pazos de Ulloa, o que se entende pola preocupación da autora por amosar as costumes imperantes da época. É por iso que abarca diferentes ámbitos e as súas obras soen ser moi descritivas, pero non resultan lentas senón que se agradece a información aportada, segundo a miña opinión. Unha delas é a dos "buñuelos".

Unha das máis sinxelas é a que segue:
RECEITA TÍPICA TRADICIONAL GALEGA "OS BUÑUELOS"

Ingredientes:
-1 litro de auga
-Un chisco de sal
-1 kilo de fariña
-12 ovos
-1 sobre de lévedo
-aceite para fritir

Elaboración:
1.-Poñer unha cazola ao lume cun litro de auga e un chisco de sal.
2.-Cando a auga ferva, sacala do lume para despois engadir a fariña e o sobre de lévedo. Tendes que formar unha masa (ata este punto é a mesma ca dos churros)
3.-Unha vez conseguida unha masa homoxénea hai que engadir os ovos, un a un, e continuar mesturando os ingredientes ata que desaparezan os grumos.
Poñer unha tixola ao lume con aceite e ir fritíndoos. En teoría, se están ben feitos eles mesmos deberán xirar na tixola. Pero non confiedes nisto porque ás veces non pasa e tendes que evitar que se queimen.
Podedes presentalos nunha fonte con azucre, chocolate, ou recheos con nata, queixo ou xamón. En fin, do que queirades, aínda que sós están moi bos. Tamén podedes engadir á mestura mazá ou plátano moi picados.

Pero está receita é só un exemplo, hai moitas variantes. Aquí tedes máis, moi ben explicadas:


Photo by Elle Hughes on Unsplash