BICOS DE CORES

Hoxe queremos presentarvos un libro para ler en familia e co que logo podedes desenvolver a vosa faceta máis artística facendo miles de bicos! Trátase de:



“De que cor é un bico?”
De Rocio Bonilla e traducido por María Solar
Editorial: Algar.

A través deste conto e da man da súa protagonista, Mónica, iredes descubrindo o que ela vai pintando... e a súa investigación para descubrir a cor dun bico.

Esta lectura dará pé aos máis cativos e cativas a falar das súas emocións e dos seus gustos e tamén poñerlle cor!

Por se non o tendes na casa, deixámosvos a continuación un enlace ó vídeo:


Ó final do libro hai un espazo para que sexan os nenos e nenas os que pinten os bicos, pero nós queremos propoñervos facer os vosos propios bicos, pintándoos ao voso gusto!

Podedes empregar diferentes materiais para que sexan máis variados! Nós optamos polo material de refugallo, mirade os nosos exemplos!

E vós, de que cor credes que son os bicos?



Portada descargada de Algareditorial