BICA

Hoxe imos facer unha receita típica galega, unha bica galega!
É unha receita moi sinxela e sábelle a todos, sobre todo os larpeiros porque está boísima.
Sempre gusta!

Para facela precisaremos:
400 gramos de fariña
4 ovos
400 gramos de azucre
200 gramos de nata líquida
250 gramos de manteiga fundida
1 sobre de lévedo en po
Un chisco de sal

Preparación:
Separamos un pouco de azucre, como medio vaso e o resto batémolo cos ovos e co chisco de sal moi ben ata que se vexa a mestura espumosa.
Engadimos a nata, volvemos a bater e reservamos.
Mesturamos a fariña co lévedo en po e engadimos a mestura dos ovos, Remexemos e engadimos a manteiga fundida mesturando ben todo.
Forramos un molde a ser posible rectangular con papel vexetal e vertemos a mestura da bica dentro do molde. Votámoslle enriba da mestura o azucre que separamos ao principio, o medio vaso. Isto faise para que lle quede a capa de enriba máis tostada e crocante ao mordela.



Poñemos o forno a 180º e cando estea quente metemos a bica durante media hora aproximadamente, calor arriba e abaixo. Vixiaremos cun escarvadentes e cando saia seco estará lista a nosa bica galega.



Como vedes é moi doada de facer e leva pouquiño tempo. Xa me contaredes si triunfou a bica na casa!
Agardo que vos guste a receita e que pasedes un feliz día.

Comentarios