AULA DE XOGO 1

Moi boas pequechos/as



Botámosvos moito de menos e estamos a preparar cousas chulas para que pronto podamos vernos pero mentres non termino de preparalas vou deixar algúns recursos para que o tempo fágasevos máis breve.

O primeiro é unha chea de xogos baseados nos vosos personaxes favoritos sacados da web de TVE pero como hoxe é o día do libro vou resaltar tres dos xogos de Xerónimo Stilton:
  1. Atopa as diferenzas
  2. Calafríos
  3. Historia interactiva
O segundo é o Club xabarín da TVG e en concreto, seguindo co tema do libro, propóñovos... Os Bolechas!!!


E tamén na súa versión para aprender inglés

Por último hoxe o xogo que vos vou a propoñer é posible que xa o coñezades, Pinturillo2. Xa sabedes, ou por se non volo explico, que trátase de adiviñar a palabra que outros están a debuxar ou debuxar a túa para que outros a poidan adiviñar. Practicar porque é probable que este xogo forme parte de algo que pronto vos propoñerei. ;)

En fin, espero que todos esteades ben e que moi pronto nos vexamos. Non vos portedes moi mal ou xa sabedes que virá o pirata. :)

Flea Market Scoe #1" by zcopley is licensed under CC BY-SA 2.0
Imaxe da web da TVG