AS LETRAS NA CASA

#DendeolibroataasLetras

Programa de animación á lectura de Centros Socioculturais, que conmemorando as datas do día do Libro, 23 de Abril e das Letras Galegas o 17 de Maio contempla unha gran variedade de actividades para desenvolver en familia, só ou acompañado a través das redes sociais durante os meses de abril e maio.

Esta proposta tamén contén 5 pequenas accións culturais diferentes da man de contadoras, poetas, contacontos, actrices e músicos.

Son microactividades culturais que achegan desde a súa casa e que a rede de Centros Socioculturais traslada a través da canle de Youtube do Concello de Santiago e da propia web municipal www.santiagodecompostela.gal.

Preme aquí para abrir ou descargar o programa seguir os vínculos.


Comentarios