AS CORES E AS EMOCIÓNS

Ao longo da Historia da Humandade, as persoas utilizamos as cores para transmitir as nosas emocións. Unhas veces eliximos usar ou vestir unha cor en especial porque nos motiva unha sensación, por exemplo alégrannos unha guirnalda de cores vivas. Noutras ocasións aprendemos que determindas cores teñen un significado, por exemplo un semáforo en vermello significa que debemos parar.
Hoxe queremos falarvos das emocións, e asocialas coas cores.
Estamos a vivir días moi especiais. Os sentimentos e sensacións aparecen un tras doutro: nervios, morriña, aburrimento, esperanza… Podedes facer unha lista e sorprenderédesvos de ter sentido tantas cousas nun só día.
Moitas veces nin sequera saberiamos qué nome poñerlles para identificalos.
Hoxe queremos poñer o foco neles a través dun conto que nos axudará a entender un pouco mellor esto das emocións aportándonos un tempo para reflexionar. Titúlase “O Monstro de Cores” , a súa autora é Anna Llenas, e está editado pola editorial Flaboyant. Seguro que moitos de vós xa o coñecedes.

O certo é que, aínda que ás veces non o creamos todas as persoas sentimos as mesmas emocións. As nais e os pais, os nenos e nenas, os profes, a conductora do autobús, o carteiro… todos somos como o monstro do conto.
Por exemplo: non vos pasa que ás veces estades xogando tan contentos e, de pronto vos enfandades e non sabedes moi ben cal foi a causa?.
Pois é que ás veces as cousas van tan rápido que non nos paramos a pensar en cómo nos sentimos, nin en cómo se está sentindo a persoa que temos ao lado.

Pero… leamos o conto!


Que vos parece?. Algunha vez sentístedes o mesmo que este monstro?.
Estamos seguros de que cada día que pasa sentides non só unha, senon varias das emocións das que se fala neste libro.
Que vos parece se as ordenamos, igual que fai o noso amigo?.
Para eso, podemos facer varias cousas. A continuación explicámosvos as opcións e vós podedes elixir as que mellor vos vaian.


O primeiro que imos facer é crear os circuliños de cores que vemos no conto:
Primeiro debuxamos os círculos (recorda que podes usar un vaso ou a tapa do pegamento para facelos máis perfectos).
Unha vez teñas moitos círculos debuxados vamos coloreándoos con ceras, lápices ou acuarelas coas distintas cores ata ter moitos.
Tamén podes facer ao revés, pintando primeiro toda a superficie do papel dunha cor e debuxándolle despois os círculos por enriba. Outra opción é usar cartolinas, o envase dos cereais ou calquera outro cartón sírvennos perfectamente e conseguiremos unhas fichas máis ríxidas e duradeiras que as de papel.
Imos adaptarnos ao que teñades pola casa.
Só queda recortar! A polas vosas tixeiras!!.
Agora ide á cociña e elixide 7 tarros ou vasos. Se neste momento non tedes tantos tarros de seguro que nuns días acabaredes xuntando varios, entre salsas de tomate e outros alimentos envasados que se vaian consumindo.
Cando os teñamos, imos pegarlle a cada un un papel co nome de cada sentimento, e podedes escribir cada nome da cor que lle corresponde.


Mentres non xuntamos todos os tarros podedes imprimir a ilustración que vos deixamos máis abaixo ou copiala nun papel ou cartolina branca.
Imos facer 7 tarros iguais, e a cada un ímoslle escribir unha emoción: Alegría, Rabia, Tristeza, Medo, Calma, Confusión. Non vos esquezades de facer un tarro máis onde escribiremos Amor.


Dobrando os bordes do papel cara arriba (axúdate dunha regla para facela dobrez) crearemos un prato onde ir colocando as nosas fichas. Tamén podedes facer o debuxo das cousas que vos fan sentir esas emocións para recortalas e ir metendo dentro dos tarros.
 Listo!
Ao longo destes días imos ter especial atención aos nosos sentimentos. Elixiremos un momento do día, por exemlo a noite, despois de cear, para ir a onde os nosos tarros e pensar cómo foi o noso día, cómo nos sentimos? Se nos enfadamos moitas veces e sentimos rabia, se nos rimos xogando ou se desfrutamos lendo tranquilos. Iremos metendo os nosos circuliños en cada bote.
Se hoxe estiven moito rato feliz, poñerei moitas fichas amarelas no tarro da felicidade e se sentín unha pouca tristeza meterei una poucos azuis no correspondente. Pouco a pouco iremos aprendendo a identificar as cores e as nosas emocións.
Ao final poderei observar xunto coa miña familia cómo me estou sentindo nestes días.
A continuación deixo unhas imaxes para que poidades imprimir ou copiar. Podedes usalos para colocar as fichas mentras non xuntades os tarros de cristal. E tamén podedes usalos para debuxar dentro as cousas que vos fan felices, tristes, que vos dan medo, ou rabia.
 Ademáis querémosvos amosar unha idea que atopamos en varios blogs de animación á lectura moi interesantes. Trátase da creación dun EMOCIONÓMETRO. O obxectivo final é moi semellante ao que vos propoñemos cos tarros, pero a actividade é algo diferente.
Para a súa elaboración só necesitades papel, celo e pinzas da roupa.
…AH! E moita cor!!.


Animámosvos a que fagades calquera destas actividades e que as compartades coa familia!
Para os que xa son algo máis grandes recomendamos ademáis o filme “Inside Out”, en castelán “Del revés”, que aporta unha visión moi interesante sobre este tema.



Podedes crear o voso emocionómetro con estes persoanxes.
Queredes que vos deixemos uns consellos para aprender a debuxalos?
Por certo, que vos parecen as cores que lles puxeron a cada un deles na película?

FONTES E RECURSOS PARA OS PAIS.
Guía didáctica do Monstro das Cores, editorial Flamboyant
Blogs con máis ideas:
Criandocomapego
Laclaseencantada de onde sacamos a fotografía do emocinómetro.