AFOUTEZA. MERENDA

DIARIO DO RURAL. CONFINA-RECEITA: MERENDA, FREIXÓ OU TORTILLA DE MASA

A cociñar!! Hoxe imos a levar a cabo unha receita de cociña, un prato tradicional galego coñecido como merenda, freixó ou tortilla de masa dependendo do lugar no que nos atopemos.

Precisamos:
Cunca
Sal ( unha culleriña de sal)
1 Ovo
Fariña ( 5 culleradas)
Auga (350 m l )
Aceite (2 culleradas)

Comezamos ....
Botamos o sal ( unha culleriña de sal) no fondo da nosa cunca ,o ovo e batemos.

                                                             
Engadímoslle a auga, a fariña e remexemos todo, sen deixar grumos.


   Xa temos o noso amoado preparado para botar na tixola.


A tixola mentres preparamos o amoado poñerémola o lume no mínimo con 2 culleradas de aceite (tamén poderíase botar cebola picada, touciño en anacos ou que se desexe mesturar na nosa merenda).


Vertemos o amoado na tixola e picámolo con unha culler de pau.


Cando vexamos que o amoado xa está consistente ,procedemos a darlle a volta (mellor sen prato, arriscándonos a quedar sen a nosa merenda ,pero doutro xeito podería quedársenos pegada o prato). Esperamos a que se coza por este lado tamén o amoado (xa para gusto , máis feita, menos feita...).


Xa temos a nosa merenda lista, podemos engadirlle un pouquiño azucre, mel... por enriba para adozar o confinamento e lista para degustar!!


Grazas as nosas usuarias do rural por ensinarnos tan deliciosa receita.