ENREDANDO CON PAPEL 4
COMECOCOS
Na sesión de hoxe de enredando con papel imos achegar un titorial sobre a construción dun comecocos. Ademais de comprobar as nosas habilidades có papel e pasar un rato entretido, faremos xogos que nos vai permitir despois interactuar con máis xente. O comecocos é una xogo que nos permitirá coñecer a sorte que terán outros atendendo á mensaxe que por azar lles toque. Para facelo so precisades papel e cores. Comenzamos cós titoriais.
O que imos a precisar para levar a cabo o noso comecocos é unha folla de papel cadrada. Eu hoxe empreguei cartón que tiña por casa pero recoméndovos que empreguedes papel xa que é máis doado de dobrar e lembrade que se é reciclando moito mellor. O primeiro que faremos será dobralo pola metade unindo unha esquina coa outra. Se mirades a imaxe soamente tedes que levar a esquina cun círculo verde ata a outra esquina co círculo vermello.
A continuación desdobramos e facemos o mesmo coas outras esquinas, fixádevos, a que ten o círculo verde ata a esquina do círculo vermello.
Unha vez feito isto, desdobramos outra vez e agora levaremos cada esquina hacia o medio, do círculo verde ao vermello, así coas catro esquinas.
Cando teñamos todas as esquinas pregadas no centro, darémoslle a volta a figura e faremos o mesmo, levar as catro esquinas hacia o centro do cadrado, como sempre o círculo verde hacia o vermello.
Cando teñamos as catro esquinas pegadas, dobraremos pola metade, facendo coincidir a raia verde coa raia vermella.
Feito este paso, desdobramos e facemos o mesmo có outro lado, facemos coincidir a raia verde coa vermella.
Desdobramos e aínda que poida parecer mentira xa temos feito o noso comecocos. Agora soamente falta aprender a manexalo e píntalo. Ide pensando nas cores que queredes que teña e as mensaxes que portarán. Por un dos lados da nosa figura podedes ver que ten catro ocos que nos permiten meter os dedos, introducímolos e deberiamos de ter algo semellante a isto.
Volvamos a deixalo en forma cadrada e toca decoralo. Pintaremos cada triángulo da cor que prefirades.
Unha vez pintados chega o momento de escribir as mensaxes que agochará cada triángulo. Pensade nas mensaxes que queredes que leven, eu prefiro que sexan mensaxes positivas xa que de seguro alegraremos á persoa que reciba esa mensaxe, pero a decisión é vosa. Escribimos unha mensaxe debaixo de cada cor.
E xa teriamos rematado o noso comecocos. Despois a súa utilización e maneira de xogar será moi doado. Introduciremos os dedos polos ocos que temos na parte non pintada do comecocos. Pediremos a unha persoa que nos diga un número e iremos intercalando colores tantas veces como o número que nos dixeron. Unha vez feito isto, a persoa terá que elixir entre unha das dúas cores que lle tocaron, elixirá unha e descubriremos a mensaxe agochada nesa cor.
Unha vez feito o noso comecocos e agora que xa sabemos utilizalo, a que estás agardando para xogar coa túa xente?